697 928 780
Clínica Novás
Servicios Posturoloxía

Os nosos servicios de Posturoloxía

▪ Valoracións posturais
□ Determinamos se presentas unha disfunción postural e tratámola mediante plantillas posturais e terapia manual neurosensorial.

▪ Plantillas posturais
□ Deseño de plantillas posturais en función dunha valoración postural previa.

▪ Equipo multidisciplinar
Tratamiento desde o punto de vista multidisciplinar para tratar a orixe do problema.

Valoración Postural

Cunha completa valoración postural comprobaremos a capacidade do teu corpo para moverse e manterse en equilibrio sobre os teus pés.

A existenza dalgún desaxuste provoca que o corpo teña que facer un esforzo extra, desencadeándose síntomas diversos no teu corpo. Atopámonos con consecuencias máis aló do pé, como son: dores de cabeza frecuentes, vértigos, sobrecargas musculares recurrentes, cervicalxias, lumbalxias, dores articulares, torpeza ao camiñar ou falta de coordinación; así como: alteracións do aprendizaxe, dislexia, ou déficit de atención por hiperactividade.

Na valoración consideramos o corpo coma un conxunto, polo que buscaremos a orixe do problema. Trataremos cos estímulos precisos a través do pé ou derivaremos o teu caso particular ao especialista indicado para que logres unha pronta e notoria melloría na túa calidade de vida.

Traballaremos a causa da man de profesionais como osteópata, fisioterapeuta, optometrista comportamental, odontólogo postural, nutricionista, etc. 

Isto débese a que en casións unha cicatriz, unha alteración visceral, unha disfunción visual, unha alteración da mordida, ou un esguince sufrido no pasado, pode ser o desecandeante de todo un conxunto de compensacións.

 

Plantillas Posturais

Plantillas ultrafinas a medida compostas de aqueles estímulos posturais previamente seleccionados e testados durante a valoración postural.

Os estímulos actúan sobre os captores sensitivos que se atopan na planta dos pés activándoos e provocando os axustes posturais necesarios para mellorar así a túa actitude postural.

Conseguiremos aumentar o teu equilibrio e reducir as túas doencias.
Gracias ó seu reducido grosor, non verás condicionado o teu calzado.

 

 Nº.R.S: C-15-002840

Av. Xeral Vidal Ríos, nº 14 baixo C. P. 15150 Baio (Zas)

697928780 | info@clinicanovas.com

Lun – Ver : 9:30  13:30 | 16:00 20:00