697 928 780
Clínica Novás

Coñecenos

Podoloxía

Posturoloxía

Instalacións

Contacto

Especialistas
en podoloxía

Especialistas en podoloxía

Son Alicia Novás Varela, a directora de Clínica Novás. Levo exercendo como podóloga durante máis de 10 anos, sempre con inquietudes profesionais, que motivaron  que durante estes anos realizara diversas formacións para manterme actualizada ante os avances que a sanidade vive constantemente.

Experimentei un gran cambio profesional e persoal cando comecei a especializarme en Podoposturoloxía. Gracias a isto aprendín cómo mirar máis aló do noso campo de traballo como podólogos, os pés, permitíndome valorar cada caso dun xeito moito máis exhaustivo e integrativo, podendo informarvos dunha forma máis completa sobre a posible orixe das vosas lesións, dores e patoloxías.

Esta especialización aproxímame a traballar dun xeito multidisciplinar, coñecendo profesionais de outros campos da saúde tamén especializados no tratamento integrativo das patoloxías. Gracias a isto, as derivacións que podo plantexarvos serán sempre co fin de que logredes unha gran e pronta mellora.

Continúo avanzando neste camiño do descubrimento, coñecemento e aprendizaxe.

Benvidos a Clínica Novás.

Fotografía Doctora Novás
podoloxia

Podoloxía

▪ Quiropodia

□ Corte e fresado de alteracións da uña, eliminación de hiperqueratoses (dureza) e helomas (callos).

▪ Podoloxía dermatolóxica
□ Diagnóstico e tratamento de infeccións ou trastornos da pel e das uñas: pé de atleta, papilomas, psoriase, onicomicose, etc.

▪ Tratamentos para uñas encarnadas
□ Tratamento conservador cortando a espícula.
□ Tratamento conservador mediante técnica de reeducación das uñas.
□ Tratamento cirúrxico: matriceptotomía parcial.

▪ Tratamentos a medida
□ Orteses e próteses de silicona: separadores, protectores, xoaneteiras, etc.
□ Orteses plantares: soletas biomecánicas e posturais

▪ Tratamentos conservadores combinados
□ Uso de ventosas.
□ Punción seca.
□ Vendaxe neuromuscular.
□ Vendaxes funcionais.

▪ Reconstrución de uñas
□ Creación dunha nova uña con acrílico.

▪ Coidado do pé diabético
□ Prevención de riscos favorecendo a saúde do pé e da súa pisada.

Posturoloxía

▪ Valoracións posturais
□ Determinamos se presentas unha disfunción postural e tratámola mediante plantillas posturais e terapia manual neurosensorial.

▪ Plantillas posturais
□ Deseño de plantillas posturais en función dunha valoración postural previa.

▪ Equipo multidisciplinar
□ Tratamiento desde o punto de vista multidisciplinar para tratar a orixe do problema.

 Nº.R.S: C-15-002840

Av. Xeral Vidal Ríos, nº 14 baixo C. P. 15150 Baio (Zas)

697928780 | info@clinicanovas.com

Lun – Ver : 9:30  13:30 | 16:00 20:00