Os nosos servicios de Posturoloxía
Valoracións posturais
□ Determinamos se presentas unha disfunción postural e tratámola mediante plantillas posturais e terapia manual neurosensorial.
Plantillas posturais
□ Deseño de plantillas posturais en función dunha valoración postural previa.
Equipo multidisciplinar
□ Tratamiento desde o punto de vista multidisciplinar para tratar a orixe do problema.
Valoración Postural
Cunha completa valoración postural comprobaremos a capacidade do teu corpo para moverse e manterse en equilibrio sobre os teus pés.
A existenza dalgún desaxuste provoca que o corpo teña que facer un esforzo extra, desencadeándose síntomas diversos no teu corpo. Atopámonos con consecuencias máis aló do pé, como son: dores de cabeza frecuentes, vértigos, sobrecargas musculares recurrentes, cervicalxias, lumbalxias, dores articulares, torpeza ao camiñar ou falta de coordinación; así como: alteracións do aprendizaxe, dislexia, ou déficit de atención por hiperactividade.
Na valoración consideramos o corpo coma un conxunto, polo que buscaremos a orixe do problema. Trataremos cos estímulos precisos a través do pé ou derivaremos o teu caso particular ao especialista indicado para que logres unha pronta e notoria melloría na túa calidade de vida.
Traballaremos a causa da man de profesionais como osteópata, fisioterapeuta, optometrista comportamental, odontólogo postural, nutricionista, etc.
Isto débese a que en casións unha cicatriz, unha alteración visceral, unha disfunción visual, unha alteración da mordida, ou un esguince sufrido no pasado, pode ser o desecandeante de todo un conxunto de compensacións.
Plantillas Posturais
Plantillas ultrafinas a medida compostas de aqueles estímulos posturais previamente seleccionados e testados durante a valoración postural.
Os estímulos actúan sobre os captores sensitivos que se atopan na planta dos pés activándoos e provocando os axustes posturais necesarios para mellorar así a túa actitude postural.
Conseguiremos aumentar o teu equilibrio e reducir as túas doencias.
Gracias ó seu reducido grosor, non verás condicionado o teu calzado.